viernes, 27 de marzo de 2009

A miña valoración das webs (Ken Chuster)

Teño que darvos a todos a noraboa polas webs. De sobra son consciente do traballo que hai detrás de cada unha delas, principalmente porque eu tamén tiven que facer unha e sei as horas que me levou levala a cabo xunto ó meu grupo. As puntuacións son o máis obxectivas posibles, e como veredes dividinas en dous aspectos, deseño e contidos, valendo ambos o mesmo. Polo tanto as puntuacións totais son a media aritmética da puntuación de deseño e a puntuación de contidos.


Esta é a miña valoración.


Radioactivos: 8.25


Deseño: 9.5

Contidos: 7


Aspectos positivos:

- Gústame o deseño, a forma de presentar os contidos.

- Paréceme unha web bastante funcional.

- Gústame o traballo con flash.


Aspectos negativos:

- Paréceme bastante escasa en canto a contidos orixinais, contidos propios.

- Que haxa tantos enlaces externos.

- Que está todo moi limitado (só tres tipos de formatos, só 7 radios).



Quetequero: 8.5


Deseño: 9

Contidos: 8


Aspectos positivos:

- Gústame todo o traballo feito con flash.

- A forma de presentalo con debuxos.

- Algunhas das preguntas dos tests.


Aspectos negativos:

- A estética paréceme un tanto hortera.

- Está ben, pero non consigo verlle moita funcionalidade a unha web deste tipo.

- Os tests sempre dan a mesma desposta, e iso non mola! =)



Tuttifrutti: 7


Deseño: 6.5

Contidos: 7.5


Aspectos positivos:

- A dinámica das animacións flash fan a web máis entretenida.

- A orixinalidade do contido.

- O modo de presentar certos contidos como os de Notcias ou Biografía.


Aspectos negativos:

- Que quede alineada arriba a esquerda.

- Faltan cousas básicas dunha web musical, como é simplemente a música.

- O deseño do menú en comparación con outros botóns da mesma páxina.



Zapa: 9.25


Deseño: 9.5

Contidos: 9


Aspectos positivos:

- Gústame moito o deseño en xeral da páxina.

- A animación inicial con música de fondo.

- A selección de cores, dándolle á web unha estética moi boa.


Aspectos negativos:

- Quizáis a música do inicio (que no se pode parar) poda resultar molesta se xa estás ti escoltando a túa propia música.

- A elección e distribución das seccións non me convence demasiado.

- Na sección Videos non me gusta que estén tan apilados.



Artesala: 9.25


Deseño: 9.25

Contidos: 9.25


Aspectos positivos:

- Gran traballo con flash e photoshop.

- A orixinalidade e a imaginación a hora de crear contados para a web.

- A forma de presentar os contados de cada sección da web.


Aspectos negativos:

- A mala grabación das cancións.

- Por algunha razón o meu corpo queda con máis ganas de contidos. Poñoo en aspectos negativos pero tanto pode ser negativo como positivo.

- A imaxe inicial sae un pouco pixelada.



Minimalab: 8.25


Deseño: 9.25

Contidos: 7.25


Aspectos positivos:

- Gústame moito o deseño salvo algunha cousa que comento en aspectos negativos.

- A elección das cores creo que é moi acertada.

- É unha web funcional moi fácil de navegar por ela.


Aspectos negativos:

- Pequenos erros de deseño: para o meu gusto poñer o nome da web (minimalab) abaixo réstalle forza; e en música as cancións soan á vez misturando todos os sons.

- Paréceme que está moi falta de contidos.

- Para o meu gusto sobralle a conta atrás porque realmente non sirve para nada.



Oitenteros: 8


Deseño: 7.5

Contidos: 8.5


Aspectos positivos:

- ¡O vídeo! ¡É xenial!

- Boa selección de seccións, con abundantes contidos.

- Fai rememorar a infancia da nosa xeración.


Aspectos negativos:

- Eu poñeríalle algún botón para voltar á páxina anterior (cando entras en cada un dos contidos das seccións) e unha indicación máis clara de cómo ir ó inicio.

- Creo que os marcos quítanlle moito espacio ós contidos.

- O vídeo trada moito tempo en cargar.



Aolimite: 7.25


Deseño: 6.5

Contidos: 8


Aspectos positivos:

- Hai traballos con flash moi bos.

- Paréceme unha idea moi boa e con funcionalidade.


Aspectos negativos:

- Non me gusta nada o sistema de presentar os contidos mediante anclaxes e non mediante enlaces.

- Para min é escasa en seccións, un recén chegado a Santiago necesita máis información.

- Na páxina de inicio hai que baixar demasiado para ver todos os contados que se presentan nesta.



Guioniza: 8


Deseño: 7.5

Contidos: 8.5


Aspectos positivos:

- É unha web moi funcional para xente que lle guste escribir guions e queira dalos a coñecer.

- Gústame a idea da libreta e a tipografía da letra, na miña opinión moi de acordo co que é a escritura de guions.

- Gústame a idea dos pot-its para as noticias.


Aspectos negativos:

- Non me gusta que se abra unha ventana nova cada vez que accedo a un guión, preferiría que se abriran na mesma.

- Deberían darse indicacions de cómo a xente pode subir os seus guions, o polo menos de que o pode facer.

- Podríase traballar máis sobre o deseño en xeral.



Wonderful 5: 7.75


Deseño: 7.5

Contidos: 8


Aspectos positivos:

- Bo traballo de caracterización das personaxes.

- Estética moi definida, en especial polo uso das cores.

- Orixinalidade da maioría dos contidos.


Aspectos negativos:

- Deberíase especificar máis a función da web, se simplemente é de entretemento ou ten algo detrás.

- Creo que en canto a contidos a web é escasa.

- O reproductor de música pode cegar a resultar molesto xa que cada vez que cambias de sección comeza a mesma canción.



Ken & the Dolls: 8.75


Deseño: 8

Contidos: 9.5


Aspectos positivos:

- A orixinalidade de todos os contidos.

- Facilidade de navegación.

- A credibilidade de grupo.


Aspectos negativos:

- Falta de perfeccionamiento no acabado do diseño xeral da web.

- Falta de animacións flash que deran algo de dinámica.

- Alguna sección característica ou orixinal.



Boa noite a todos.

11 comentarios:

Pedro Teixeira dijo...

ola ;P

já tentei resolver o problema da imagem porque nós temo-la lá, mas é problema do servidor quando carregamos o site para lá.
entretanto as musicas tambem ficaram "raras" e a começar ao mesmo tempo, mas agora já estao a dar correctamente.
a imagem é que continua a nao aparecer... temos que falar com a marita, mas nao foi culpa nossa! :D obg pela qualificaçao! *


http://facultadecomunicacion.org/desenho/minimalab/entrada_fim.html

Anónimo dijo...

Ante todo grazas por facer o esforzo de avaliar os traballos dos outros grupos. O obxectivo da avaliación grupal era que asumirades certas responsabilidades, a sabendas, que tamén entre vos existe a endogamia e que a obxectividade representa unha cualidade difícil de medir e interpretar. Está ben o debate de criterios, pero penso que non é boa sinal apelar ó compañerismo. Tratábase de que forades un pouco sinceros e que eso non implicase malos rollos. As veces non resulta doado.
Estou repasando as vosas apreciacións. A seguinte mensaxe xa serán as miñas valoracións.
"A creatividade non é sacar un coello dunha chistera. A creatividade é algo minucioso que require comprender con profundidade qué é o que se ten entre máns. Desmenuzar o foco sobre o que se desexa actuar e diseccionalo é un paso obrigado para conseguilo" (Fernando Trías de Bes).
Moitos momentos de creatividade para todos e todas.
marotlo

Anónimo dijo...

Felicidades polo esforzo de avaliar os proxectos, a pesar das reticencias e da tendencia, non sempre útil, a preservar as boas relación entre compañeiros. Felicidades polo traballo. Todos os proxectos teñen garantido o aprobado. O esforzó é evidente e a contrapartida, tamén. Dito isto, hai grupos, e é un feito obxectivo, que puxeron un maior empeño que outros. Hai grupos que barallaron ideas e que tentaron poñelas na práctica, con maior ou menor fortuna, pero arriscáronse e percíbese un maior grao de implicación na tarea a desenvolver. E hai outros que optaron pola vía máis cómoda. Non se complicaron moito a vida. E iso vese perfectamente nos traballos e iso védelo todos á perfección, por moito que sexa unha obriga e un disgusto enfrontarse a un proceso avaliador. Era lóxico que as notas acabaran por sobrerecargarse de voltios de simpatía e non de distanciamento. A camaradería xoga fronte á taimada obxectividade. Iso percíbese, simplemente, revisando as valoracións e as cualificacións de cada proxecto. As veces fronte a proxectos co mesmo esforzó na construcción e plasmación, encontro notas dispares e sorprendentes pola enorme contradicción. Insisto. Era previsible.
En todo caso, y ó contemplar os argumentos sobre os que se basearon as notas, eu son responsable de non ter insistido en aclarar determinados aspectos do deseño web, de non ter feito fincapé nos rasgos básicos do que parte o deseño web, por non ter examinado con máis detenemento os elementos que hai que ter en conta para controlar a realización compositiva. Só espero que os apuntes que faga os podades reutilizar. Enoraboa.

Lembrade que en 2009 se celebran dous cumpleanos:
- o vinte aniversario da aparición da World Wide Web, da mán de Tim Berners-Lee e Robert Cailleau
- o cuarenta da posta en marcha da rede Arpanet, precursora de Internet, gracias ò protocolo de comunicación TCP/IP, inventado por Vinton Cerf e Robert Kahn
Entrevista con vinton Cerf en Público (23/4/09), http://www.publico.es/ciencias/tecnologia/220817/operadoras/policias/internet

Anónimo dijo...

Hipertexto 1
A estrutura webb aséntase sobre 3 pilares sustanciais e absolutamente imprencindibles. Unha páxina, un documento, unha pantalla –como queirades chamar ó espazo de traballo- debe incorporar sempre unha resposta ás seguintes interrogantes:
1. ¿Onde estou?
2. ¿Qué hai aquí?
3. ¿A onde podo ir?
O PRIMEIRO reflicte a marca, a identificación, o nome, o logo, a entidade, a empresa, a organización, a identidade do sitio. O segundo, o contido, a oferta, os servizos. E o terceiro representa o índice, o menú, a lista de navegación. Ë a composición en tres paneis da que falaba xa en 2001 o deseñador estadounidense Jeffrey Veen. Esos tres paneis poden estar situados, dentro do lenzo ou pantalla, onde queramos, poden ter o aspecto que prefiramos, pero sempre teñen que estar presentes. Da igual que na pantalla aparezca unha foto, un debuxo, un párrafo, un aviso ou un guión. A forma de deseñar o panel do logo e da navegación evidencia tamén a identidade estilístico-compositiva do sitio.
NON sirven botóns e/ou flechas que digan ou indiquen atrás/adiante, botón de volver, ou de pincha aquí para entrar ou similares ou como tampouco se pode traballar contando cos botóns do navegador. Da igual que existan páxinas que usen ese tipo de indicacións. Todo aquel elemento que condicione a navegación é contrario ó hipertexto. Si como sistema de exploración opto botón atrás ou adiante estou impoñendo unha ruta única, lineal, secuencial. E o discurso hipertextual é aberto, non lineal, non secuencial, diverso, complexo.

Anónimo dijo...

Hipertexto 2
O USUARIO en cada páxina/ pantalla/ documento ten que sentirse autónomo para tomar decisión e ir, deambular e experimentar como prefira. Esta simulación de libertade consíguese cun menú de navegación consistente e visible en todas e cada unha das páxinas que formen parte do proxecto web. O outro é marcar a viaxe, a ruta. Os enlaces teñen que permitir a construcción de itinerarios propios, alleos á vontade do autor do sitio, quen ofrece as distintas posibiliddes de actuación ós internautas.
O HIPERTEXTO (estrutura que planea na cultura occidental dende 1945 cando Vannevar Bush publicou o artigo As We May Think y, en 1969, Theodor H. Nelson inventa o termo hipertexto) significa texto que se ramifica, que permite moitos camiños de lectura, sendo o lector o que elixe a forma de acceso, evidentemente, a partir dos vínculos que conforman o menú de navegación, imprescindible en cada pantalla, como xa expliquei antes.
marotlo

Anónimo dijo...

Hipertexto e 3
DESPOIS van aparecendo outros problemillas: enlaces que non funcionan; páxinas orfas sin sistema de navegación, sin logo de identificación, nomes de arquivos imposibles; páxinas que aparecen no navegador como “documento sin título”; consolas de música que non son manexables; músicas de fondo que non se poden acallar; elección de tipografías pouco lexibles e que obstaculizan o acceso ós textos; imaxes que non pasaron polo Photoshop e que se cargan lentamente, ralentizando tamén a descarga da páxina completa; vídeos demasiado grandes que tamén se descargan con certa lentitude; imaxes de mapas de bits ampliada máis alá das súas dimensións orixinais e que aparecen pixeladas (as imperfeccións son menos visibles se os recursos son pequenos ou senón habería que traballar cada pixel individualmente para borrar os defectos); músicas que non se escoitan (polo menos, a mín); enlaces con enderezos erróneos ou proxectos que non se visualizan (aló menos, a mín).
Ó ANALIZAR os traballos hai que ter en conta o contido e o deseño. Ambas dimensións conforman unha unidade, unha entidade, unha identidade. Un deseño chamativo, un deseño sobrio, un deseño sinxelo ou calquera outro estilo respostan a un contido determinado. E ambos aspectos son necesarios e relevantes para o producto final. Contido e deseño forman un tándem único e ambos teñen que respostar as expectativas. Hai deseños pouco traballados porque tamén hai contidos pouco coidados. Houbo ideas moi ambiciosas que se espuxeron na clase como futuros proxectos a realizar, e que despois, na práctica, quedaron bastante mermadas. E iso nótase.

Anónimo dijo...

A nota do voso proxecto é un 9,5
marotlo

Anónimo dijo...

Se queren facer algunha consideración sobre a nota do proxeto, horario de titorías e, e calquera momento, se estou polo centro. Espero que leran as distintas mensaxes que fun deixando.
marotlo

Anónimo dijo...

Deixo unha animación realizada por Fran que era inicialmente para ese curso que houbo que suspeder por falta de interasados
http://www.youtube.com/watch?
v=qwsBFtIkNrc&feature=
channel_page
marotlo

Anónimo dijo...

A nota desta parte do exame fai media coa parte de Pedro. Un catro sería un aprobado para ambas pares.
Para a revisión, podedes vir o luns de 10:30 a 13:30 e o mércores de 17:30 a 20:30 da semana próxima.
Jesús, 5,5
María Jesús, 4
Ürsula, 6,5
Sara, 9
marotlo

Anónimo dijo...

Perdón:
Iria, 5
martotlo