Mostrando entradas con la etiqueta ken chuster. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta ken chuster. Mostrar todas las entradas

viernes, 27 de marzo de 2009

A miña valoración das webs (Ken Chuster)

Teño que darvos a todos a noraboa polas webs. De sobra son consciente do traballo que hai detrás de cada unha delas, principalmente porque eu tamén tiven que facer unha e sei as horas que me levou levala a cabo xunto ó meu grupo. As puntuacións son o máis obxectivas posibles, e como veredes dividinas en dous aspectos, deseño e contidos, valendo ambos o mesmo. Polo tanto as puntuacións totais son a media aritmética da puntuación de deseño e a puntuación de contidos.


Esta é a miña valoración.


Radioactivos: 8.25


Deseño: 9.5

Contidos: 7


Aspectos positivos:

- Gústame o deseño, a forma de presentar os contidos.

- Paréceme unha web bastante funcional.

- Gústame o traballo con flash.


Aspectos negativos:

- Paréceme bastante escasa en canto a contidos orixinais, contidos propios.

- Que haxa tantos enlaces externos.

- Que está todo moi limitado (só tres tipos de formatos, só 7 radios).



Quetequero: 8.5


Deseño: 9

Contidos: 8


Aspectos positivos:

- Gústame todo o traballo feito con flash.

- A forma de presentalo con debuxos.

- Algunhas das preguntas dos tests.


Aspectos negativos:

- A estética paréceme un tanto hortera.

- Está ben, pero non consigo verlle moita funcionalidade a unha web deste tipo.

- Os tests sempre dan a mesma desposta, e iso non mola! =)



Tuttifrutti: 7


Deseño: 6.5

Contidos: 7.5


Aspectos positivos:

- A dinámica das animacións flash fan a web máis entretenida.

- A orixinalidade do contido.

- O modo de presentar certos contidos como os de Notcias ou Biografía.


Aspectos negativos:

- Que quede alineada arriba a esquerda.

- Faltan cousas básicas dunha web musical, como é simplemente a música.

- O deseño do menú en comparación con outros botóns da mesma páxina.



Zapa: 9.25


Deseño: 9.5

Contidos: 9


Aspectos positivos:

- Gústame moito o deseño en xeral da páxina.

- A animación inicial con música de fondo.

- A selección de cores, dándolle á web unha estética moi boa.


Aspectos negativos:

- Quizáis a música do inicio (que no se pode parar) poda resultar molesta se xa estás ti escoltando a túa propia música.

- A elección e distribución das seccións non me convence demasiado.

- Na sección Videos non me gusta que estén tan apilados.



Artesala: 9.25


Deseño: 9.25

Contidos: 9.25


Aspectos positivos:

- Gran traballo con flash e photoshop.

- A orixinalidade e a imaginación a hora de crear contados para a web.

- A forma de presentar os contados de cada sección da web.


Aspectos negativos:

- A mala grabación das cancións.

- Por algunha razón o meu corpo queda con máis ganas de contidos. Poñoo en aspectos negativos pero tanto pode ser negativo como positivo.

- A imaxe inicial sae un pouco pixelada.



Minimalab: 8.25


Deseño: 9.25

Contidos: 7.25


Aspectos positivos:

- Gústame moito o deseño salvo algunha cousa que comento en aspectos negativos.

- A elección das cores creo que é moi acertada.

- É unha web funcional moi fácil de navegar por ela.


Aspectos negativos:

- Pequenos erros de deseño: para o meu gusto poñer o nome da web (minimalab) abaixo réstalle forza; e en música as cancións soan á vez misturando todos os sons.

- Paréceme que está moi falta de contidos.

- Para o meu gusto sobralle a conta atrás porque realmente non sirve para nada.



Oitenteros: 8


Deseño: 7.5

Contidos: 8.5


Aspectos positivos:

- ¡O vídeo! ¡É xenial!

- Boa selección de seccións, con abundantes contidos.

- Fai rememorar a infancia da nosa xeración.


Aspectos negativos:

- Eu poñeríalle algún botón para voltar á páxina anterior (cando entras en cada un dos contidos das seccións) e unha indicación máis clara de cómo ir ó inicio.

- Creo que os marcos quítanlle moito espacio ós contidos.

- O vídeo trada moito tempo en cargar.



Aolimite: 7.25


Deseño: 6.5

Contidos: 8


Aspectos positivos:

- Hai traballos con flash moi bos.

- Paréceme unha idea moi boa e con funcionalidade.


Aspectos negativos:

- Non me gusta nada o sistema de presentar os contidos mediante anclaxes e non mediante enlaces.

- Para min é escasa en seccións, un recén chegado a Santiago necesita máis información.

- Na páxina de inicio hai que baixar demasiado para ver todos os contados que se presentan nesta.



Guioniza: 8


Deseño: 7.5

Contidos: 8.5


Aspectos positivos:

- É unha web moi funcional para xente que lle guste escribir guions e queira dalos a coñecer.

- Gústame a idea da libreta e a tipografía da letra, na miña opinión moi de acordo co que é a escritura de guions.

- Gústame a idea dos pot-its para as noticias.


Aspectos negativos:

- Non me gusta que se abra unha ventana nova cada vez que accedo a un guión, preferiría que se abriran na mesma.

- Deberían darse indicacions de cómo a xente pode subir os seus guions, o polo menos de que o pode facer.

- Podríase traballar máis sobre o deseño en xeral.



Wonderful 5: 7.75


Deseño: 7.5

Contidos: 8


Aspectos positivos:

- Bo traballo de caracterización das personaxes.

- Estética moi definida, en especial polo uso das cores.

- Orixinalidade da maioría dos contidos.


Aspectos negativos:

- Deberíase especificar máis a función da web, se simplemente é de entretemento ou ten algo detrás.

- Creo que en canto a contidos a web é escasa.

- O reproductor de música pode cegar a resultar molesto xa que cada vez que cambias de sección comeza a mesma canción.



Ken & the Dolls: 8.75


Deseño: 8

Contidos: 9.5


Aspectos positivos:

- A orixinalidade de todos os contidos.

- Facilidade de navegación.

- A credibilidade de grupo.


Aspectos negativos:

- Falta de perfeccionamiento no acabado do diseño xeral da web.

- Falta de animacións flash que deran algo de dinámica.

- Alguna sección característica ou orixinal.



Boa noite a todos.